Política | Actualidad
Lugo

O Concello de Lugo culmina o proceso de expropiación de seis parcelas nas inmediacións da Rolda das Mercedes

O executivo local estuda agora os posibles usos dos terreos que pasan a incorporarse ao patrimonio do Concello como zona dotacional.

Imaxe de archivo do Concello de Lugo. / Concello de Lugo

Imaxe de archivo do Concello de Lugo.

Lugo

A operación, que implica a regularización dunha superficie de 1.915 m², súmase a outras xa completadas pola alcaldesa durante o seu mandato como as de Alfredo Brañas ou O Carme.

O goberno de Lara Méndez vén de culminar o proceso de expropiación de seis parcelas situadas nas inmediacións da Rolda das Mercedes.

Trátase de media ducia de predios que ocupan unha superficie total de 1.915 m², ubicados na marxe dereita da Rolda Xosé Castiñeira, ao carón da Escola de Idiomas.

O executivo local, que proximamente abonará en total preto de medio millón de euros polo conxunto dos terreos (498.645 €) estuda agora os usos máis axeitados para esa extensión que pasará a incorporarse ao patrimonio do Concello como zona dotacional, nunha contorna urbanística recentemente desenvolta. Esta cantidade irá incluída na vindeira incorporación de remanentes que se levará a Pleno este mesmo mes de abril.

A operación súmase a outras xa desbloqueadas e completadas pola alcaldesa de Lugo durante o seu mandato como as procedentes da reparcelación da rúa Alfredo Brañas (135.214 €), que Lara Méndez liquidou a finais de 2019, logo de dúas décadas de proceso administrativo e xudicial, ou as levadas a cabo no Carme (3.943.477 €) e que a rexedora efectivizou en 2016 saldando así, nos últimos anos, dúas débedas históricas que a institución local mantiña coa veciñanza destes barrios.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00