Sociedad | Actualidad
FÚTBOL

Convocatoria asemblea xeral ordinaria da U.D. Ourense

Convócase para o día 11 de abril ás 10:45 horas en primeirra convocatoria e ás 11:15 horas en segunda

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D.Ourense para o día 11 de abril / U.D.Ourense

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria da U.D.Ourense para o día 11 de abril

Ourense

Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o día 11 de abril de 2021, ás 10.45 horas en primeira convocatoria e ás 11:15 horas en segunda, na bancada de preferente do Estadio do Couto( entrada por rúa Carlos Maside),Asemblea Xeral Ordinaria de socios ca seguiente.

ORDEN DO DÍA:

1- Ratificación de novos socios do club e da incorporación dun novo membro á Xunta Directiva.

2-Liquidación a peche do orzamento da tempada 2019/2020.

3- Estado de execución do orzamento da tempada 2020/2021.

4- Reflexión, análise e planificación do futuro do club a medio e longo prazo.

5- Rolda libre de intervencións.

Para a celebración da asemblea adoptaranse tódalas medidas de seguridade e hixiene que recomendan as autoridades sanitarias para este tipo de eventos e que xa se están levando a cabo en cada partido que xogamos como locais(máscara obrigatoria, uso de xeles hidroalcólicos, distancia de seguridade entre os asistentes).

Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.

Así mesmo lembrar que poden acudir á Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estean ao corrente de pago de cota social. Débese presentar o Documento Nacioanl de Identidade (DNI) para poder acceder á dita Asemblea. Finalmente, recordar que un socio pode representar a outra presentando escrito de autorización asinado e copia do DNI do representado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00