Más deportes | Deportes
FÚTBOL

A liga galega feminina de segunda división arrinca esta próxima fin de semana

Nesta competición exprés participarán un total de 36 equipos distribuídos en 7 grupos segundo criterio xeográfico

Disputarase en dúas fases para dirimir os dous ascensos á Liga Galega Feminina de Primeira División.(Foto de arquivo) / RFGF

Disputarase en dúas fases para dirimir os dous ascensos á Liga Galega Feminina de Primeira División.(Foto de arquivo)

Ourense

Un total de 36 equipos distribuídos en sete grupos, segundo o criterio xeográfico, volverán vestir de curto esta próxima fin de semana para disputar a primeira xornada da primeira fase na Liga Galega Feminina de Segunda División.

Esta competición, do mesmo xeito que o resto das organizadas pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), terá un formato exprés e celebrarse en dúas fases para dirimir as dúas prazas de ascenso á Liga Galega Feminina de Primeira División.

Formato de competición:

Na primeira fase os equipos participantes en cada grupo enfrontaranse a dobre volta mediante o sistema de puntos, establecénse a clasificación final conforme os puntos obtidos por cada un dos equipos contendentes, a razón de tres puntos por partido gañado, un por empatado e cero por perdido.

A esta primeira fase corresponden un total de 10 xornadas de liga en cada grupo, accedendo á 2ª fase o primeiro clasificado de cada un dos grupos, así como o segundo mellor clasificado de todos os grupos, definido este polo coeficiente de deportividade (xogo limpo).

Na segunda fase participarán os 8 equipos clasificados da primeira fase en formato de eliminatorias para dirimir dúas prazas de ascenso á Liga Galega de Primeira División Feminina.

Configuraranse as primeiras eliminatorias en formato de semifinais mediante o oportuno sorteo, disputando os vencedores a segunda e última eliminatoria para dirimir as dúas prazas de ascenso.

Todas as eliminatorias disputaranse a partido único. As semifinais disputaranse no campo do equipo extraído en primeiro lugar no momento do sorteo, fóra da eliminataria na que interveña o mellor segundo, na que este sempre exercerá de visitante; mentres que as finais polo ascenso disputaranse en campo neutral sinalado para os efectos pola RFGF.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00