Sociedad
O Porriño

O Pleno do Porriño aproba o plan de axudas "Impulsa 2021"

A Corporación tamén decidiu a nova concesionaria da piscina municipal

Terraza dun local de hostalería. / Concello de O Porriño

Vigo

O Pleno Municipal do Porriño, reunido a última hora deste martes, aprobou o plan de axudas “Impulsa 2021”. Do mesmo xeito, o Goberno local acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptase a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma Soom Management, a explotación da piscina municipal.

Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 euros e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, da piscina municipal.

O acordo tomouse na sesión retomada no punto no que se suspendeu o pasado mércores. Votaron a favor os sete concelleiros presentes hoxe (4 do PSOE, 2 do BNG e Manuel Carrera da UDDL). Non acudiron os concelleiros e concelleiras dos restantes grupos municipais.

A alcaldesa, Eva García, explicou que a convocatoria respondía ao principio de “unidade de acto” recollido na lexislación municipal vixente e polo tanto a sesión retomábase e rematábase este martes. “É o mesmo pleno coa mesma orde do día que se celebra en dúas sesións. Non hai nin nulidade nin ilegalidade nesta convocatoria”, rematou a alcaldesa que citou que “tamén ese é o criterio” do secretario xeral do Concello, Eduardo Portela.

Lembremos que na primeira parte deste pleno, tomáronse dous acordos salientables e ambos por unanimidade dos 17 concelleiros da corporación. Deste xeito, acordouse que o Concello do Porriño habilite a liña de axudas económicas directas aos sectores máis afectados pola Covid-19, cunha asignación total de 140.000 euros. O plan, chamado "Porriño Impulsa 2021" está destinado á hostalería, comercio e autónomos, os máis afectados polas restricións derivadas da pandemia actual. Tamén aprobouse por unanimidade unha modificación do orzamento por unha cantidade de 108.000 euros para afrontar as achegas municipais a varios programas de contratación de persoal subvencionado que suporán a creación de 196 postos de traballo.

Tamén na primeira deste pleno tomou posesión como nova concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Ascensión Rosario Costas, que cubre a vacante deixada por Ana María Paradela.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00