Comeza o concurso de debuxo da campaña Galega 100%
O Club Ourense Baloncesto comeza, dende hoxe, o concurso de debuxo para a campaña´´ Galega 100%´´ en colaboración coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia
Ourense
O concurso, orientado a nenos e nenas,está encamiñado a fecer un´´slogan ´´ ou deseño onde teñan cabida, conxuntamente, tanto o noso escudo, como o Logo de Leite Galega.Así mesmo, tódolos nenos e nenas que particepen, poderán engadir nos seus debuxo o que eles desexen.
Primará, ademáis do uso dos dous losgos, a promoción de alimentación e a vida saúdable relacionada con deporte e en especial co Baloncesto.
O premio para os tres gañadores serán camisolas do noso equipo firmada por tódolos xogadores e, cando a situación o permita, todos os participantes estarán convidaddos a asistir a un encontro do noso clube no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Os deseños serán publicados nas redes sociales da nosa entiddae e deberán vir asinados coa idade e un teléfono de contacto de cada un dos participantes.
O prazo para a presentación dos deseños será ata o vindeiro 25 de abril e deberán enviarse (preferiblemente en formato foto) ao correo info@clubourensebaloncesto.com.