Sociedad
Vimianzo

As forenses confirman que a vítima de Vimianzo sufriu unha ferida que puido ser mortal

Audiencia Provincial / Radio Nordés Cadena SER

A Coruña

As forenses sostiveron que unha das feridas sufridas pola vítima do acoitelamento en Vimianzo, producido en maio de 2019, puido ser mortal, durante o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña.

Segundo afirmaron as peritos na súa declaración, a muller morrería "se chega dous minutos máis tarde ao hospital", no que ingresou cunha parada cardíaca.

O acusado dixo na súa declaración do pasado luns, que a vítima "se autolesionou". As forenses cualificaron esta afirmación de "improbable", xa que a muller tiña feridas "en dúas zonas" e "unha man danada en defensa propia".

Amnesia simulada

Outras das afirmacións que fixo o acusado na súa declaración é que "tiña lagoas" e non lembraba o ocorrido. Os peritos que o avaliaron cualificaron isto como "amnesia simulada" xa que só esquecía as partes "máis sensibles".

No seu informe sinalan que o home non tiña "un compoñente psicótico" que xustificase o seu comportamento, e que tampouco sufría "unha distorsión da realidade".

Na súa cualificación dos feitos, Fiscalía pide unha pena de 14 anos de prisión por un delito de asasinato en grao de tentativa, coa agravante de discriminación por razóns de xénero.

En declaracións realizadas aos medios na primeira sesión do xuízo, o avogado da defensa, Joaquín Martínez, cualificou o asunto como "grave" pero non o considerou un intento de asasinato. Entende que hai un delito de "lesións con instrumento perigo" que contempla unha condena de 2 a 5 anos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00