Sociedad
Andaina

Arranca " Lugo móvese cos maiores"

Os maiores de 65 anos coñecerán a Domus, o Mihl e o Vello Cárcere grazas a catro roteiros

A rexedora agradeceu a participación da veciñanza lucense / Concello de Lugo

Lugo

Os maiores de Lugo móvense. Hoxe arrinca o primeiro roteiro, con destino a Domus Mitreo, da iniciativa municipal "Lugo móvese cos maiores".  Con esta acción, a área de Benestar do Concello de Lugo pretende "promover a realización de exercicio fisico, de forma grupal en espazos abertos da cidade, fomentando así entre a poboación maior de 65 anos unha maneira saudable de invertir o tempo de lecer".

A rexedora lucense, Lara Méndez, achegouse á andaina para agradecer os maiores de Lugo a súa participación na actividade e convidounos a "seguir participando nas actividades organizadas polo Concello co fin de combater o sedentarismo e a soidade e sobre levar física e animicamente esta situación de pandemia".

"Lugo móvese cos maiores" está composto por catro andainas de hora e media de duración cada unha.Unha vez realizada a primeira etapa, as tres restantes completaranse cada auince días ata o 28 de maio. Serán sempre os venres e as persoas que acudan terán oportunidade tamén de coñecer, alén da Domus, o Mihl ou o Vello Cárcere.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00