Miércoles, 12 de Mayo de 2021

Otras localidades

Ourense

'A palabra de Villarino non vale nada'

O presidente do PP de Ourense valorou así o anuncio de Villarino. Pola súa banda o BNG pídelle ao PP que firme a moción xa

José Manuel Baltar en una entrevista en el estudio Ramón Puga de Radio Ourense- Cadena Ser

José Manuel Baltar en una entrevista en el estudio Ramón Puga de Radio Ourense- Cadena Ser / Radio Ourense- Cadena Ser

O presidente do Partido Popular de Ourense, José Manuel Baltar, afirmou, en relación ás declaracións do secretario provincial socialista, Rafael Rodríguez Villarino, de apartarse para facilitar unha moción de censura no Concello de Ourense, que “a palabra de Villarino non vale nada”, e anque eu defendo “o máximo respecto polas decisión que tome calquera formación política, non nos fiamos de Villarino pola súa tremenda falta de credibilidade”.

Baltar lembra o que xa lle dixera ao secretario de Organización do PSOE en Ourense, Juan Carlos Francisco Rivera: que se Villarino se apartaba “en 5 minutos teríamos en Ourense un goberno de coalición (PP-PSOE); valeríanos calquera dos 9 concelleiros menos Villarino. Iso foi hai máis de catro meses, e en todo este tempo Villarino seguiu dando exemplos da peor política”, afirma José Manuel Baltar, destacando que este “é outro escenario, e proba diso é que hai días lle negaron a petición sobre dedicacións que solicitaban os concelleiros e concelleiras do PP no Concello de Ourense”.

Tralo anuncio feito público por parte do portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de que se bota a un lado, tal e como lle solicitaba o Partido Popular para propiciar a sinatura dunha moción de censura contra o actual rexedor Gonzalo P. Jácome, desde o BNG instan ao PP a que dita sinatura se produza canto antes.

Lembran os nacionalistas que xa no mes de setembro de 2020 e como consecuencia dunha moción presentada en pleno polo BNG no que se solicitaba a dimisión do alcalde e que gobernara a lista máis votada, 24 dos 27 membros da corporación votaron a favor.

Desde entón, tanto PP como PsdeG-PSOE limitáronse a por escusas e vetos cruzados sen pensar no conxunto da veciñanza. Meses nos que a parálise e o caos dentro do concello vai en aumento, cun alcalde sen proxecto de cidade e sen peso político.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?