Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ingresa nun psiquiátrico o home armado detido en Cee

O arrestado foi visto portando un fusil e unha pistola a primeira hora da mañá

Unha das armas / Cedida

Unha das armas

O home detido este venres tras pasearse armado pola de Cee quedou, tras o seu pase a disposición xudicial, en liberdade con cargos e foi ingresado no Hospital Psiquiátrico de Oza, na Coruña.

O individuo foi detido na mañá do venres en Cee por posesión ilícita de armas. Trátase dun veciño de Muxía coñecido coma "o Ghurés". A Delegación do Goberno informou da súa detención e do comiso das armas coas que intimidou ao responsable dun céntrico local de hostalería.

Pasadas as seis da mañá o detido tentaba acceder ao Hotel A Marina, onde un empregado impediulle a entrada. Pouco despois o individuo volvía ao mesmo lugar portando un obxecto que o traballador non sabe precisar se era "un fusil ou unha escopeta". Ao redor das oito, o 112 comunicaba os feitos á Garda Civil, procedendo o instituto armado á súa detención nun momento no que non portaba armamento. Foi pouco despois cando as forzas de seguridade localizaron dúas armas: un fusil de asalto e unha pistola. Ambas foran abandoadas no entorno do Hospital Comarcal. O fusil foi atopado no fondo da canle que atravesa o paseo marítimo ceense.

Dende a Delegación do Goberno explican que pese a que a detención do individuo motivouse por tenencia ilícita de armas e polo quebrantamente dunha orde de alonxamento da súa exparella, os feitos sucedidos durante esta mañá non teñen nada que ver con delitos relacionados coa violencia machista. As primeiras investigacións ligan o sucedido con delictos relacionados co tráfico de drogas. O detido foi levado a un centro médico xa que mostraba síntomas de ter consumido estupefacientes.

Dende o Concello ceense anunciase a convocatoria dunha Xunta Local de Seguridade con carácter de urxencia.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir