Ocio y cultura

A Deputación de Pontevedra lanza "Aviventa"

Suporá un investimento de 2,8 millóns de euros para levar a toda a provincia música, patrimonio, teatro, escrita, cinema, lingua, arte, artesanía e historia

Presentación na Deputación de Pontevedra da programación cultural para o 2021 / Cadena SER

Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de lanzar a súa programación cultural para o 2021 que, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros, vai “aviventar” o sector na provincia.

Amais de programas xa asentados como Pontegal (cun orzamento de 600.000 €), Musigal (dotado con 500.000 €) ou as subvencións para actividades culturais, festivais audiovisuais, festivais musicais ou escolas de música (480.000 €), “Aviventa cultura. Cultura para coller alento” conta con dez eixos temáticos: Aviventa música (315.000 €), Aviventa patrimonio (246.000 €), Aviventa teatro (80.000 €), Aviventa escrita (25.000 €), Aviventa cinema (245.000 €), Aviventa a nosa lingua (27.500 €), Aviventa arte, artesanía e historia (30.000 €), Aviventa nas datas culturais (50.000 €), Aviventa a comunidade cultural (85.000 €) e Aviventa o coidado da nosa cultura (83.000 €).

En canto a Aviventa música continuarase co ciclo de concertos de música clásico-contemporánea “Musíca no Ar”, así como coa programación de festivais “Rías Baixas Fests” e o programa “Descúbreas”. Con Aviventa patrimonio lanzaranse dous novos programas: “Tras as ameas”, a programación cultural nos castelos de Soutomaior e Sobroso, e “Historias cavadas”, visitas escenificadas aos castros musealizados da provincia. Amais, nesta mesma sección tamén se continuarán coas rutas de arquitectura e se impulsará a musealización do castelo de Sobroso.

No marco de Aviventa teatro lanzarase unha novidosa iniciativa: “Tornar ás táboas”, cunha programación específica de teatro nos 51 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Pola súa banda, e no que respecta a Aviventa Escrita, incluirase a programación da II edición da Escola de Letras e os Roteiros Literarios. Tamén o cinema será protagonista, Aviventa cinema, no que están integrados “Pontevedra plató de cinema” e o apoio aos festivais Rías Baixas Film Fest , así como unha nova campaña de difusión con accións como “A Depo en ruta polos festivais”, “De feira en feira”, “Que non che conten a película!” ou “#EuSonRíasBaixasFilmFest”.

A programación cultural para este ano comprende amais accións para festexar e promocionar a lingua no marco de Aviventa as nosas letras, que inclúe unha actividade multidisciplinar con motivo do Día das Letras Galegas, pero tamén mostras en homenaxe a Xela Arias como “Lebres como gacelas” e “Xela Arias. A poesía do teatro”, un concurso creativo para difundir a súa figura e o apoio a editoriais galegas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00