Martes, 11 de Mayo de 2021

Otras localidades

Autismo

Pictogramas para facilitar o día a día das persoas con TEA

En total, instalaranse preto de 300 placas homologadas, que amosarán como funciona o semáforo dun paso de peóns e cando se pode cruzar

Comeza a instalación de placas homologadas

Comeza a instalación de placas homologadas / Concello de Lugo

Lugo xa conta coas primeiras plcas con pictogramas que pretenden mellorar a mobilidade das persoas con trastornos do espectro autista (TEA) e con trastornos de comunicación social (TCS) grazas a un investimento que ascende ós 18.000 euros. Estas placas homologadas instalaranse en semáforos e pasos de peóns para axudar a comprensión das sinais mediante debuxos.

"Queremos mellorar o benestar destes colectivos especialmente vulnerables e aportarlles unha maior seguridade na súa mobilidade ao cruzar as rúas, especialmente aos nenos e nenas", sostivo a rexedora, Lara Méndez, que ata alí se desprazaba esta mesma maña. Deste xeito, as zonas elixidas para a colocación dos pictogramas son as proximidades dos colexios e institutos públicos, así coma nas áreas dos edificios universitarios, as das asociacións que atenden a estes colectivos e os viarios con maior número de peóns, como a Ronda da Muralla e Avenida da Coruña.

En total, instalaranse preto de 300 placas homologadas, que amosarán como funciona o semáforo dun paso de peóns e cando se pode cruzar ou non. "Pensados para aquelas zonas de máis afluencia por estar preto dos centros escolares ou porque son zonas de máxima afluencia como pode ser a Avenida da Coruña e facilitarán a mobilidade pola vía pública coa finalidade de lograr unha mellor inclusión, convertendo as sinais en debuxos, que á súa vez se transforman en ferramentas que mellorarán a comprensión, posto que se asocia a sinal cunha acción determinada, cruzar de xeito seguro", sostivo Lara Méndez.

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?