Sociedad
Coronavirus

O Concello de Lugo impón 500 multas por incumprimento da normativa Covid en Lugo

Estas multas súmanse ás 273 xa xestionadas pola Policía Local no mes de marzo

Dende a policia local contan que "en total, estes novos expedientes terán un impacto económico de 135.900 euros" / Pexels

Lugo

O Concello de Lugo inicia estes días a tramitación de 479 novos procedementos sancionadores por infraccións á normativa autonómica do Covid. Estas multas súmanse ás 273 xa xestionadas pola Policía Local no mes de marzo por incumprir a Lei de Saúde de Galicia, na que figuran recollidas as medidas de prevención e contención fronte á crise sanitaria.

Dende a policia local contan que "en total, estes novos expedientes terán un impacto económico de 135.900 euros,  ou 67.950 € no caso de que se proceda ao seu pronto pago".

A encargada de efectivizar o cobro será a empresa que asume a colaboración na xestión administrativa e recadación de multas, despois de que a Xunta de Goberno Local autorizara a modificación do contrato en vigor, ante a insuficiencia de medios técnicos e de recursos humanos propios da institución para asumir directamente este cometido.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00