Martes, 11 de Mayo de 2021

Otras localidades

Deportivo

Antonio Couceiro: "O obxectivo a vindeira campaña ten que ser o ascenso"

O presidente do Deportivo anuncia un "pequeno axuste" salarial no clube pero rexeita unha disminución no organigrama

Antonio Couceiro

Antonio Couceiro / RC Deportivo

Antonio Couceiro participu nun encontro dixital organizado pola 'Asociación de Periodistas de Galicia'. Nesa conversa o presidente do Deportivo non quixo entrar en detalles sobre o futuro do clube. Estas son as frases máis destacadas da súa conversa:

Deportivismo

"O Deportivo é o meu proxecto fin de carreira. O presidente da Xunta díxome que era o proxecto máis importante que tiña"

Obxectivo

"O obxectivo da vindeira temporada, se estamos na Primeira Federación, ten que ser o ascenso de categoría"

"Para chegar a Primeira División? Non é sinxelo acompasar os prazos para apostar pola canteria e chegar rápido a Primeira. Temos que chegar para sosternos. Non facelo sería un fracaso"

Planificación

"Hai xogadores que queren continuar e outros que teñen claro que queren marchar. A iso hai que engadir os contratos de cada un e ter en conta os datos dos xogadores aos que sigue a parcela deportiva. Agardo conservar aos xogadores que consideramos deben quedar e engadir a aqueles que complementen a plantilla"

"Teño información de que hai xogadores que non queren seguir, pero cada casuística é moi particular"

Caso Fuenlabrada

"A RFEF descendíaos, foi un recurso o que os recuperou (ao Fuenlabrada) para a Segunda. Había solucións intermedias como a liga de 24"

Primeira Federación

"Haberá 23 xogadores, oito sub´23 e con dous grupos pero inda non se sabe o criterio para esa división"

"Por dereitos de televisión poderíamos ingresar 300.000 euros. Podería aumentar a sponsorización se volven os seareiros aos campos e os ingresos por palcos VIPS"

Lendoiro

"Teño moi boa relación con Lendoiro dende hai anos. Cando fun Conselleiro de Industria Feiraco patrocinaba ao Deportivo. Competía en Europa por primeira vez e ao ano seguinte, no 1995/1996, Feircao tiña problemas e Lendoiro falou conmigo para que dende Galicia Calidade sponsorizáramos ao Dépor. Chegamos a un acordo por 15 millóns de pesetas. Begano foi tamén sponsor do Dépor".

Sobre a división de opinións ao redor do expresidente: "Os enfrontamentos internos resultan tristes. Debemos mirar cara adiante e sumando todos. Lendoiro acude con regularidade ao palco e temos boa relación. Para uns pesan máis os éxitos deportivos e para outros a súa xestión económica...complexa"

Fútbol sen público

"O público é importante no seu apoio e no que supoñen económicamente. Sen público non podes pedir publicidade no campo se non a ve ninguén"

Afición

"O deportivismo ten o ceo gañado. Merece todo o bo. O que máis me ilusiona é facer unha xestión seria para que volva canto antes ao fútbol profesional e poidamos competir"

"Non podemos pedir máis esforzos económicos. Imos tentar darlles primeiro e pedir despois"

Abanca

"Abanca está no Dépor como consecuencia da financiación que lle dou no seu momento e agora está tentando recuperar a súa inversión. Ata que o Deportivo esté en Primeira División é imposible que Abanca pense en recuperar parte dese investimento"

"A aposta de Abanca é a longo prazo. Van a aportar o necesario para superar a curto e medio prazo os problemas e poder recuperar o seu investimento"

Remuneración do Consello de Administración

"Un Consello profesional non quere dicir que os anteriores non o foran. Eran empresarios de éxito e de alto nivel. O que importa é funcioanr como grupo de administradores profesionais, decidindo de xeitro colexiado e sen responsabilidade sespecíficas para tomar decisións no día a día e que interfiren nesas decisións coas que toman os profesionais que traballan dentro do clube"

"A profesionalidade vai ligada a unha remuneración. Hai unha remuneración dentro dos estándares razoables de mercado e neste caso está por debaixo. Eu e os meus compañeiros. Pode entenderse ou non. Poden compartilo ou non"

Economía

"Primeiro temos que ver de que posición partimos. Logo sacaremos o plan estratéxico e adaptar a organización a eses plans. Se o noso obxectivo é volver ao fútbol profesional debemos manter o talento que temos na organización realizando axustes. Non creo que precisemos ningún axuste duro. Igual hai axustes salariais pequenos ou en áreas determinadas"

Canteira

"A aposta é decidida e non só como mal menor. É o mellor dos modelos posibles"

"Se queremos traballar a canteira debemos seguir mellorando as instalacións de Abegondo"

"Hai que ter paciencia. Temos uns xuvenís cun niovel extraordinario. Nun ou dous anos podemos ter unha fornada moi boa. Non se pode pedir canteira e non ter paciencia. E tamén hai que permitirlles erros cando pasen ao primeiro equipo"

Equipo feminino

"O proxecto é sólido e serio, apostando pola canteira e terá todo o apoio para competir na división que corresponda. Despois de ver como xogan e como se entregan eu creo que van a conseguir a permanencia"

Celta

"Deséxolle o mellor e ogallá nos vexamos axiña en Primeira División. Ogallá houbera moitos galegos en Primeira. O Celta fíxoo ben coa canteira e pode ser un modelo a seguir"

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?