Martes, 11 de Mayo de 2021

Otras localidades

CB breogan

Tito Díaz, Director Xeral do Breogán: "Caer está permitido, pero erguerse é obrigatorio"

O Director Xeral do CB Breogán subliña que os 1500 afeccionados van poder estar co equipo no momento que máis o precisan os xogadores

Tito Díaz durante un partido do Río Breogán

Tito Díaz durante un partido do Río Breogán / CB BREOGAN

Semana axetreada para o CB Breogán que se fai menos costa arriba coas novas decisións da Xunta de Galicia no tocante ó aforo permitido no Fogar do Breogán. A derrota na casa do Granada non fixo máis que furgar na ferida de que algo lle pasa a este equipo. Inmerso na peor xeira de sensacións e resultados da Liga, aínda que mantendo o liderato da competición, o Breogán pode alegrar a cara se pensa no partido deste domingo: O Pazo será máis Pazo que nunca.

Descargar

Compartir

El código del iframe se ha copiado al portapapeles

Un total de 1500 afeccionados son os que poderán achegarse dende esta fin de semana ó fortin celeste e, segundo explica o director xeral da entidade, Tito Díaz, iráselles avisando pouco a pouco. " Agora mesmo necesitámolos moito á afección,s quizáis é o que máis botamos de menos esta tempada", confesa Díaz.

A crise sanitaria puxo as cousas difíciles para o club, en especial no eido económico. Un dos retos do novo Consello de Administración "é a facer do Breogán un club viable", e vaise, di, o director xeral, por bo camiño. As contas que se aprobarán na Xunta de Accionistas que se celebrará o xoves 29 de abril no Salón de Actos da Deputación son as da tempada 19/20, onde hai  com resultado uns números negativos "que roldan os 200.000 euros", unha cifra que se xustifica por dúas razóns: "A aparición da Covid-19 e as tres incorporacións que se tiveron que facer por lesión", puntualiza Tito.

Sobre a polémica de porque desapareceron da orde do día a opción de rogos e preguntas tamén se pronuncia Díaz: " Os presentes poderán comentar o que queiran sobre cada un dos puntos que se traten na xunta, decidímolo así por recomendación das autoridades sanitarias, xa que intentaremos facer a reunión o máis curta posible dado que estaremos moitas persoas - 30 - nun espazo reducido", explica.

Sobre a mala xeira de sensacións e resultados do equipo, Díaz considera que o manter o liderato "continuamente, desgasta".  Con todo non está preocupado, pois ve "anímicamente ben" ó equipo, un equipo con verdadeiro "ADN" breoganista ó que se lle permite "caer", pero se lle obriga a erguerse "e seguir".

 

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?