Sociedad

Chegan os Bonos Impulso, unha axuda para fomentalo gasto nos establecementos lucenses

A Deputación de Lugo porá a disposición da veciñanza un total de 17.000 bonos de 30 euros para usar no comercio e hostalaría local

José Tomé, presidente da Deputación / Deputación

Lugo

A Deputación de Lugo ven de presentar os Bonos impulso, unha medida do Plan Impulso da Economía da Provincia da institución provincial coa que se inxectarán máis de millón e medio de euros no comercio e na hostalería da provincia.

Repartiranse 17.000 bonos de 30€, cada un entre a poboación da provincia de tal forma que as persoas beneficiarias gasten o seu bono no concello no que residen. "Esta medida nace co propósito de que haxa actividade económica en todos e cada un dos 67 municipios que conforman Lugo, por iso cada persoa que teña un bono só o poderá gastar nos establecementos adheridos do seu municipio".

En cada concello haberá un reparto equitativo dos bonos seguindo criterios obxectivos como a poboación, o número de persoas en situación de desemprego e o número de empresas dadas de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas). En base a iso, o goberno provincial establece un mínimo de 20 bonos para os concellos máis cativos e de 5.000 pata os máis grandes.

Adhesión dos establecementos

A partir do martes 4 de maio os establecementos do pequeno comercio e da hostalería  poderán solicitar a súa adhesión ao programa. Non existe límite de establecementos, polo que todas as empresas e autónomos do sector poderán participar. Na páxina web da Deputación habilitarase un espazo durante 15 días no que deberán cumprimentar un formulario sinxelo para adherirse.

Unha vez rematado o proceso de inscrición, a institución publicará a listaxe de establecementos participantes e faralle chegar a cada local admitido un indicativo da súa adhesión no programa e proporcionaralles un cartel que deberá colocar nun lugar visible, facilitando así que a veciñanza saiba en que establecementos poderá canxear os Bonos Impulso.

17.000 bonos

 A súa solicitude realizarase unha vez remate a fase de adhesión dos establecementos, pero antes de que se abra o prazo, a institución provincial informará a través da súa páxina web, das redes sociais e dos medios de comunicación das datas e fórmulas para poder conseguir os Bonos Impulso. A súa asignación será por orde de presentación de solicitudes, respectando o número mínimo e máximo establecido de bonos por concello, e fixando nesta primeira fase de asignación un máximo dun bono por persoa.

Poderán solicitar un Bono Impulso as persoas maiores de 18 anos que residan ou estean empadroados nalgún dos concellos da provincia. As persoas beneficiarias recibirán na súa casa a través de correo postal o seu Bono Impulso, que poderán utilizar como método de pagamento nun único establecemento. Este bono será nominativo, é dicir, levara o nome e apelidos de cada persoa, o que permitirá identificalo no momento da compra. O prazo para a canxear os bonos rematará o 31 de agosto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00