Sociedad | Actualidad
FÚTBOL

A RFGF recoñoce o traballo dos clubs

A RFGF agradece o extraordinario traballo que están a realizar os clubs aplicando minuciosamente o protocolo

O fútbol é un espazo seguro: 80.000 probas de antíxenos e menos do 0, 25% de positivos / RFGF

O fútbol é un espazo seguro: 80.000 probas de antíxenos e menos do 0, 25% de positivos

Ourense

O Fútbol é un espazo seguro: 80.000 probas de antíxenos e menos do 0,25% de positivos.

A RFEF e a RFGF distribuíron un total de case 80. 000 test de antíxenos desde o comenzo de competición e o número de positivos entre o fútbol nacional e autonómico non chega a 200, unha cifra que volve poñer de manifesto que o fútbol é un espazo seguro.

A Real Federación Galega de Fútbol financia a metade das probas correspondentes ás categorías autonómicas e a distribución de todos os test. Desde a federación queremos agradecer o extraordinario traballo que están a realizar todos os estamentos do fútbol.

Por iso, desde a RFGF tamén queremos destacar, aplaudir e recoñocer publicamente o exercicio de responsabilidades de fútbol, fútbol sala e fútbol gaélico que debido ao protocolo vense abrigados a realizar a práctica deportiva con máscara. Somos conscientes do debate que suscitou a norma e da incomodidade que conleva, pero o fútbol volveu demostrar que si é posible competir con máscara e todos os nosos xogadores e xogadoras entenderon que son normas que se aplican polo ben común. Recoñocemento e agradecemento tamén para o colectivo arbitral, que está cumprindo as esixencias protocolarias de igual maneira que os futbolistas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00