Martes, 11 de Mayo de 2021

Otras localidades

O Porriño

O Porriño promove diversos actos polo Día das Letras Galegas

O vindeiro xoves 6 terá lugar a inauguración da exposición sobre Xela Arias, titulada "A poesía do retrato"

A mocidade coas Letras Galegas

A mocidade coas Letras Galegas / Concello de O Porriño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) xunto coa Concellería de Normalización Lingüística presentan o programa “A mocidade coas Letras Galegas 2021”. Será este martes 4 de maio, na Praza do Cristo, para celebrar o Día das Letras Galegas 2021 dedicado á poeta Xela Arias, en horario de mañá, cunha duración prevista de catro horas, desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas. A  actividade rematará coa instalación das pancartas conemorativas polo Día das Letras Galegas nas fachadas dos edificios do Centro Cultural Municipal e do Concello do Porriño, onde permanecerán expostas durante todo o mes.

Con esta iniciativa, promóvese o uso da lingua galega entre a mocidade a través dun achegamento máis atractivo e usando os seus códigos nas actividades alternativas baseadas na cultura urbana, concretamente no "rap". Partindo de contidos culturais relacionados coa nosa comunidade e a nosa contorna, motivamos a nosa rapazada a participar en proxectos creativos.

Con “A mocidade coas Letras Galegas 2021”, no Porriño, tamén "contribuímos a promover e dar visibilidade as actividades de carácter artístico e o uso da lingua galega a través deste programa mediante a súa publicación nas redes sociais, páxinas web e noutros medios de comunicación e difusión.

Por outra banda, a Concellería de Normalización Lingüística informa que o vindeiro xoves 6 terá lugar a inauguración da exposición sobre Xela Arias, titulada “A poesía do retrato” que se amosará no vestíbulo do Centro Cultural Municipal. A mostra permanecerá aberta ata o 30 de maio.

Para asistir á inauguración que comezará ás 19:00 horas é necesaria inscrición previa a través do correo electrónico cultura@oporrino.org

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?