Martes, 22 de Junio de 2021

Otras localidades

Lugo

Lavado de cara para o parque de Rosalía en Lugo

O acondicionamento incluirá a recuperación dos bancos, o pintado dos farois, a limpeza da pedra e o arranxo de bordos e alcorques

O Concello prepra a edición un libro no que se recolla a historia do parque no seu centenario

O Concello prepra a edición un libro no que se recolla a historia do parque no seu centenario / Concello de Lugo

O Concello de Lugo prepara un lavado de cara para o Parque de Rosalía de Castro. O goberno local quere que o parque estea a punto para a celebración do seu centenario. Segundo indicaba a rexedora, Lara Méndez, na presentación do plan de intervención, esta "zona verde emblemática da cidade amosará a súa mellor imaxe cando estamos a punto de celebrar o seu centenario".

A rexedora lucense, acompañada do concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Fernández, explicou os traballos que comezaron xa a desenvolverse e que continuarán durante o mes e xuño, "para causar as menores molestias aos usuarios do parque na" na chegada do bo tempo.

O plan de actuación inclúe a recuperación do mobiliario urbano como os máis de 200 bancos de madeira,  o pintado dos 92 farois, a reposición dos azulexos, a limpeza da pedra e das estatuas, a pintura nas zonas que o necesiten, o arranxo de bordos e alcorques rotos, o cambio de papeleiras e o mellor acondicionamento da área infantil.

As actuacións desenvolveranse de maneira conxunta entre a área de Medio Ambiente e a estratexia DUSI Muramiñae cofinanciada con fondos FEDER, ao incluír entre os seus obxectivos a posta en valor do patrimonio municipal, entre o que se atopa o parque Rosalía de Castro, catalogado Ben de Interese Cultural (BIC).

Por outra banda, o goberno local fai especial fincapé na súa involucración a prol da conmemoración do centenario da creación desta zona verde, en xullo do ano 1921 con Angel López Pérez como alcalde. Coa fin de espallar a súa historia pola cidade, Lara Méndez avanzou que se está deseñando un programa destinado especialmente a difundir entre a cidadanía a historia do parque e a súa riqueza patrimonial e natural, "que aínda é moi descoñecida".

Así, entre as actividades culturais programadas, destaca a edición dun libro, escrito polo historiador lucense Adolfo de Abel Vilela, un dos autores ademais do Plan Director do parque xunto co arquitecto César Portela, así como unha exposición, entre outras accións.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?