Sociedad
Obras municipales

Desbloqueado o Plan Paradai en Lugo

Destinaranse 650.000 euros para reducir o risco de inundación durante as crecidas do Rato

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga na sinatura do convenio / Concello de Lugo

Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga, asinaban esta mañá o convenio do Plan Paradai, un documento que recolle as actuacións necesarias para "seguir avanzando no desenvolvemento dos barrios das Gándaras e Paradai, 21 anos despois de comprometer coa Xunta de Galicia a súa unión".

Lara Méndez explicou que o acordo terá por obxecto a execución dos estudos, proxectos e obras que permitan reducir o risco de inundación durante as crecidas producidas polo río Rato na contorna da glorieta da rúa Serra de Meira.

Entre as actuacións se atopa a redacción dun proxecto que permita mellorar a capacidade de desaugadoiro do tramo fluvial canalizado nese enclave concreto, intervindo sobre a sección canalizada do treito sito augas arriba do caixón de formigón que discorre soterrado, para aumentar a súa capacidade o que obriga a modificar a xeometría actualmente existente.

Orzamento

O investimento total para a execución das obras estímase en 650.000 euros, dos que a CHMS achegará 487.500 €, o que supón unha porcentaxe do 75%, e o Concello de Lugo aportará o 25% restante.

A Confederación Hidrográfica afrontará, con eses cartos, o custo de execución dos traballos, dirección e vixilancia dos mesmos, ademais dos gastos correspondentes ás medidas de seguridade e saúde estimados, e unha vez finalizadas e recibidas as obras trasladarase comunicación ao Concello. Correspóndenlle, tamén, á Confederación licitar, adxudicar e xestionar os contratos precisos, así como as demais actuacións necesarias para executar o convenio ata a súa terminación definitiva.

Pola súa banda, será responsabilidade municipal o mantemento e conservación das obras obxecto do acordo e a aprobación do proxecto construtivo, redactado pola Confederación, de forma que substitúa ao outorgamento da licenza municipal, no caso de que esta resultase necesaria.

A rexedora referiu que "para o desenvolvemento desta colaboración e ata o momento da entrega das actuacións, establecerase unha Comisión Mixta que estará composta por un representante de cada unha das partes e que terá, entre os seus cometidos, o seguimento, vixilancia e control da execución do Convenio e dos compromisos adquiridos ao seu abeiro, así como a solución das dúbidas que poidan xurdir en canto á súa interpretación e cumprimento".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00