Atopados con vida os tripulantes que Salvamento buscaba en Carnota
Navegan cara terra acompañados dun buque de Aduanas
Os servizos de rescate atoparon con vida aos tres navegantes que buscaba na costa carnotá. Salvamento Marítimo dou por concluido o operativo de busca unha vez localizada a embarcación na que sairan ao mar na tardiña de onte. Unha embarcación de Aduanas escoltaba á lancha ata terra.
Salvamento Marítimo despregou un operativo de busca na tarde do sábado logo de recibir un aviso dos familiares dun dos navegantes desaparecidos. A embarcación, unha planeadora de sete metros, saira no serán do venres a mar aberto. A nave procedía da Pobra do Caramiñal e levaba a bordo a tres persoas. Recibida a alerta, Salvamento Marítimo mobilizou ao Helimer, a Salvamar Regulus e un avión de Sasemar, xunto con persoal de terra. As primeiras investigacións apuntaban a que os desaparecidos terían saído ao mar sen teléfonos móbiles.