Martes, 15 de Junio de 2021

Otras localidades

Letras Galegas

A RAG celebrará en Vigo o pleno das Letras Galegas de Xela Arias

O acto terá lugar no Auditorio Mar de Vigo a partir das 13 horas e poderá seguirse en directo dende a páxina web da Real Academia Galega, academia.gal

Xela Arias

Xela Arias / RAG

O acto central do Día das Letras Galegas celebrará a figura e a obra de Xela Arias dende Vigo, escenario fundamental da vida da poeta, editora e tradutora á que a Real Academia Galega dedica este 17 de maio. O pleno extraordinario da institución contará coas voces de Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas. As académicas e o académico achegarán distintas olladas á autora, voz singular dunha xeración que trouxo a modernidade á cultura galega, e que tivo en boa medida a cidade de Vigo como epicentro. A palabra de Xela Arias estará tamén presente na actuación musical de Mónica de Nut, Pablo Carrera e Fernando Abreu, quen comezara a preparar coa escritora un espectáculo poético-musical pouco antes do seu pasamento.

A cerimonia terá lugar no Auditorio Mar de Vigo a partir das 13:00. Debido ás medidas de prevención da covid-19, a capacidade da sala será reducida. O pleno poderá seguirse en directo dende a páxina web da RAG, academia.gal.

O pleno do 17 de maio constitúe o acto institucional central da Real Academia Galega arredor da celebración das Letras Galegas, pero a programación da entidade estenderase ao longo de todo o ano. Nesta edición, marcada como a anterior pola pandemia, o audiovisual cobrou forza. A RAG produciu Xela Arias. A palabra esgazada, a primeira serie documental sobre a personalidade á que homenaxea, e estreará este martes o sexto e último capítulo, centrado na pegada de Xela Arias nas novas xeracións. A proposta, realizada pola produtora Miramemira, pode verse en academia.gal e na canle de Youtube da RAG, onde tamén está dispoñible Xela Arias. Onde canta a poeta, trinta olladas á vida e á obra da autora en forma de micropezas. Nesta última serie intégrase a colaboración especial da violonchelista viguesa Margarida Mariño, que converteu en canción o poema que dá nome ao volume Tigres coma cabalos.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?