Asemblea xeral ordinaria da U.D. Ourense
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense, convócase para o día 25 de maio,ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda Asemblea Xeral Ordinaria de Socios
Ourense
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o día 25 de maio de 2021, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda, na bancada de preferencia do Estadio do Couto( entrada por rúa Carlos Maside), Asemblea Xeral Ordinaria de socios.
Orden do Día:
1- Ratificación de novos socios do club.
2-Analise e propostas acerca de novos proyectos de dirección do club.
3- Rolda libre de intervencións.
Para a celebración da asemblea adoptanse tódalas medidas de seguridade e hixiene que recomendan as autoridades sanitarias para este tipo de eventos e que xa están levando a cabo en cada partido que xogamos como locais (máscara obrigaroria, uso de xeles hidroalcólicos, distancia de seguridade entre os asistentes).
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com