"Coñece a miña historia", o Concello de Lugo alerta á mocidade sobre os perigos no consumo de alcohol
DIsplays nos supermercados, vídeos e aplicacións para concienciar os máis novos

O concelleiro. Mauricio Repetto, xunto cos responsables de Gadis CEAO e Vegalsa-Erosk / Concello de Lugo

Lugo
Nace "Coñece a miña historia", unha campaña que impulsa o Concello de Lugo para sensibilizar á xunventude co consumo do alcohol e a súa venda. O obxectivo desta iniciativa é claro: "Facer un chamamento á reflexión sobre a responsabilidade individual e colectiva que todos temos ante los problemas relacionados co consumo de alcohol, incidindo no fácil acceso que teñen os menores para adquirir bebidas alcohólicas", subliñan dende a casa consistorial.
A campaña parte "desa realidade que non queremos ver, dando visibilidade á historia que hai detrás de cada mozo. Para a mesma creáronse 3 personaxes ficticios que serán os protagonistas." Tres historias que contan como a mocidade consegue alcohol, como acceden á compra ilegal, con que frecuencia beben... "Historias contadas polos propios rapaces, con linguaxe coloquial adaptada aos mozos para que sentan identificados cos personaxes"
Mediante displays de publicidade en interior e exterior dos supermercados Gadis e Vegalsa-Eroski, aplicacións en redes sociais e vídeo, o Concello pretende conseguir "unha chamada á acción ás familias, vendedores, e os propios novos para adoptar medidas que están ao alcance de todos, como evitar facer a vista gorda a esa realidade que non queremos ver: cando por exemplo vemos a mozos comprando alcol” explicaba o edil.
A campaña publicitaria presentouse en Gadis CEAO e tamén en Vegalsa- Eroski, localizado no barrio de A Milagrosa.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




