A alcaldesa reunirase en Madrid co "ADIF" para falar da supresión do paso a nivel
A alcaldesa quere coñecer de preto como están as xestións que realiza este organismo para acadar fondos para suprimir o paso a nivel do centro urbano do Porriño

A alcaldesa visitando as catas / Concello de O Porriño

Vigo
La alcaldesa, Eva García de la Torre, viaxará este xoves a Madrid para manter unha reunión de traballo con responsables do “ADIF” a fin de coñecer de preto como están as xestións que realiza este organismo para acadar fondos para suprimir o paso a nivel do centro urbano do Porriño. “ADIF” xa anunciara que o o financiamento deste proxecto realizarase con fondos “Next Generation” da Unión Europea.
A alcaldesa terá a reunión o venres 28, ás 9,30 horas con María Luisa Domínguez, directora xeral de Planificación e Proxectos e outros directivo do ADIF.
Namentres este mediodía, Eva Garcia comprobou, á altura da Praza de Abastos, o avance das catas xeotécnicas que realizan as empresas “GOC” e “Prointec”, contratadas polo ADIF para estes traballos. Os resultados destas sondaxes servirán para definir a solución que contemplará o proxecto de supresión do paso a nivel.




