Sociedad
Accidentes marítimos

O exceso de peso afundiu ao "Sin Querer Dos"

O peso das artes de pesca na cuberta provocou un accidente que deixou tres mortos e un desaparecido

SIn Querer II / VESSELFINDER

O informe da Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim) sinala aos problemas de estabilidade como a causa do afundimento do "Sin Querer Dos" e, en consecuencia, da morte de tres mariñeiros e a desaparición dun cuarto. O exceso de peso das artes de pesca na cuberta do cerqueiro impediron que este puidese manobrar correctamente coas condicións de vento existentes.

As conclusión da comisión apuntan a que "o peso das artes de pesca na cuberta sobrepasaba o peso máximo" establecido no libro de estabilidade no buque. Esa circunstancia motivou que, inda que as condicións meteorolóxicas eran adversas, non eran de por sí causantes do afundimento do pesqueiro. Segundo as conclusións dadas a coñecer hoxe, "nin o patrón, nin outra persoa da empresa armadora comprobaron" que se respetasen os límites de peso. O peso excesivo e a non comprobación do mesmo eran "condutas habituais", provocando que o centro de gravidade do cerqueiro fose "excesivamente alto".

Dez tripulantes do "Sin Querer Dos" zarparon da Coruña o 19 de decembro de 2019 con rumbo a Portonovo. Á altura de Carnota o pesqueiro envorcou nos baixos do Meixidos. A comisión investigadora reconstruiu os feitos logo de entrevistarse cos supervivintes da traxedia. En plena madrugada o buque recibiu un golpe de mar do que non se recuperou con normalidade. Con esa lixeira escora un dos mariñeiros alertou aos seus compañeiros para que abandoasen os camarotes nos que descansaban. Pouco despois o barco envorcaba sobre babor. Seis tripulantes conseguiron ser rescatados por outros barcos de pesca, tres mariñeiros pereceron afogados e un cuarto douse por desaparecido.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00