Lunes, 21 de Junio de 2021

Otras localidades

"O Vello dos contos" o certame de podcast, xa ten finalistas

Un encontro que homenaxea o popular presentador de Radio Galicia Xosé Mosquera Pérez

O vello dos contos en una de sus actuaciones

O vello dos contos en una de sus actuaciones / Radio Galicia

O xurado do III Certame Escolar Internacional de Podcasts Xosé Mosquera Pérez, “Ovello dos contos”, reuniuse virtualmente para valorar os podcasts e os relatos radiofónicos enviados polos máis de trinta centros participantes nesta terceira edición. Este certame, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o apoio do colectivo Ponte nas Ondas, conta tamén coa colaboración da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo (cuxo alumnado crea as pezas únicas que reciben os/as finalistas), a Fundación Rosalía de Castro, Oral de Galicia, Radio Galicia - Cadena Ser, o Museo do Pobo Galego, a Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia.

O xurado, logo de valorar os 65 podcats enviados polos 32 centros educativos que se presentaron ao certame e de compartir opinións acerca dos extraordinarios traballos recibidos, acordou por unanimidade, en concordancia coas bases do concurso, declarar finalistas os seguintes traballos en cadansúa categoría:

FINALISTAS NA CATEGORÍA DE PRIMARIA:

  • Mestre Manuel García. “Vibrando con Xela”
  • Mestre Valverde Mayo. "Lembranzas no café de Sarria"
  • CPI Plurilingüe José García. “A desorde de Xela”
  • CEIP Santo Tomé: "As que viaxan co tempo"
  • CEIP Xoaquín Loriga: “Festa da palabra”
  • CEIP Raíña Fabiola: “Nai”.§ CEIP O Coto"A fala".

III CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCASTS XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, “O VELLO DOS CONTOS”FINALISTAS NA CATEGORÍA DE SECUNDARIA:

  • IES Fontexería: “Xela nas ondas”.
  • IES A Basella: “Xela Arias”
  • CPI Virxe da Saleta, “Sweet Xela”
  • IES A Sangriña: “Sinxelamente Xela”
  • IES de Arzúa: “Reinterpretando a Xela
  • IES Eduardo Pondal: “Escoitando a Sara”
  • IES Pedras Rubias, "Falámosvos a vós, NAIS. E a ti, XELA."

 

O xurado tamén decidiu, por unanimidade, outorgarlle un premio especial ao podcas titulado “Xela”, realizado polo alumnado do CEE Saladino Cortizo de Vigo.Logo de destacar a alta participación no certame e o extraordinario nivel dos traballos realizados e valorar o esforzo do alumnado e do profesorado, acorda convidar os centros finalistas ao acto de entrega de premios que se vai realizar o vindeiro venres, 11 de xuño, ás 12.30 horas, no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e a todos os participantes a visitar a web do certame www.ovellodoscontos.gal onde están publicados os traballos finalistas desta edición.

 

 

 

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?