Agredida pola súa parella á saída do traballo en Lugo
O home xa conta unha orde afastamento dunha relación anterior

O agresor escapou do lugar dos feitos / JAVIER PULPO (EUROPA PRESS)

Lugo
Os feitos aconteceron o pasado venres a plena luz do día. O home agredía a súa parella, borracho, á saída do traballo. Segundo informa a Policía Local de Lugo, "abordouna na rúa en estado moi agresivo, polo que se establece unha forte discusión entre ambos durante a cal o home agrediu á muller, para a continuación abandonar a zona".
No remate da disputa, a muller púxose en contacto con emerxencias 112, quenes enviaron unha dotación de Policía Local para atender á vítima deste episodio machistas.
Segundo explicaba a muller, "a parella áchase en proceso de arranxar a situación da relación que estaba deteriorada". Ante o "medo de atoparse con el no domicilio que comparten", a policia acompañou a muller o domicilio para "acceder ao interior da vivenda e recoller certas cousas".
A muller, de 28 anos, agredida trasladouse a dependencias policiais para cursar a correspondente denuncia onde indicou que o presunto agresor conta "cunha orde de afastamento da súa anterior parella".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




