Non apta para o consumo a auga da traída de Paiosaco
Están afectados lugares das parroquias de Lestón, Golmar, Coiro, Erboedo, Torás e Vilaño

Auga non potable / Radio Nordés

A instancias da empresa concesionaria do servizo municipal do ciclo de auga, Viaqua, o Concello da Laracha declarou a da zona de abastecemento de Paiosaco como non apta para o consumo humano e alimentario. Poderase seguir empregando para calquera outra actividade.
Esta decisión tomouse con carácter temporal e como medida preventiva trala análise realizada no día de hoxe, que deu como resultado unha incidencia na calidade da auga procedente do manancial de Soandres.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarViaqua comunicou a súa previsión de resolver esta situación nas próximas horas, para o que está sendo renovada a auga do depósito do Vilar empregando como fonte de abastecemento o bombeo do río Anllóns.
Os lugares afectados son:
- Parroquia de Lestón: Paiosaco, Lestón, A Porta Santa, As Rañeiras, Fofelle, Centulle, A Cachada, A Agrela, O Igrexario, O Cruceiro, A Ganduma, A Torre
- Parroquia de Golmar: A Calvela, Lamas, O Ramallal, A Beria, A Pedra, A Tabeira, San Cristovo, Requesende, Folgueiros
- Parroquia de Coiro: As Meneiroas, Os Muíños de Abaixo, Coirón, A Ferrulleira, A Fraga, O Maseo , O Loureiro, Penso, A Pedra e O Cruceiro.
- Parroquia de Erboedo: O Toural, Campo da Ran, Cercido, O Vilar,
- Parroquia de Torás: A Portela.
- Parroquia de Vilaño: Marfulo e A Piña.




