Sociedad
Marea de Vigo

Marea de Vigo esixe a Caballero control sobre a concesionaria de limpeza de dependencias municipais

Marea de Vigo apoia todas as mobilizacións que decida levar adiante o persoal da concesionaria de limpeza

Xuntanza mantida coas delegadas do comité de empresa da concesionaria de limpeza de dependencias municipais / Marea de Vigo

Vigo

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, reuniuse este venres coas delegadas do comité de empresa da concesionaria de limpeza nas dependencias municipais, onde se lle trasladaron "os graves incumprimentos en materia laboral por parte da empresa concesionaria, Urbaser. A empresa non está executando unha media de case 300 horas semanais das 1914 que lle corresponden ao servizo ao non querer cubrir nin baixas, nin vacacións do persoal ou por tratarse de lugares que están aínda pechados, a pesar todo elo de ser a súa obriga e estar cobrándolle ao Concello polo servizo completo puidendo ademais completar xornadas parciais con esas horas” sinalou Rubén Pérez.

Esta situación, “lonxe de ser nova na contratación pública neste concello - apuntou o voceiro -, amosa unha falla total de control e auditoría por parte do Goberno local sobre as concesionarias municipais. O voceiro considera especialmente grave que, no caso de Urbaser, “se estea pagando o 100% do servizo con diñeiro público, 1914 horas semanais, cando aproximadamente 300 desas horas non se están executando”.

Marea de Vigo anunciou ademais que preparará unha moción para levar ao Pleno ao respecto. “É o enesimo incumprimento dunha concesionaria municipal, e nunca nos cansaremos de perseguir que se cumpran e respecten todos e cada un dos dereitos laborais do persoal das concesionarias así como os propios pregos” matizou o voceiro.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00