Sociedad
BNG

O BNG pide apertura de expediente contra Urbaser

Xabier P. Igrexas: "Permitir que unha empresa preste menos servizo que o que ten contratado e polo que percibe diñeiro público é tanto como consentir que se lle roube á cidade"

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa do servizo de limpeza de dependencias municipais / BNG Vigo

Vigo

O Bloque Nacionalista Galego solicitará ao Goberno municipal de Vigo a apertura dun expediente sancionador contra Urbaser por "graves incumprimentos no servizo de limpeza de dependencias municipais". Denuncian que, segundo lles trasladou o Comité de Empresa, a concesionaria presta un 15% menos das horas minima de servizos.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo este venres unha xuntanza co Comité de Empresa do servizo de limpeza de dependencias municipais, que atinxe un cadro de persoal de 61 persoas e que foi adxudicado en 2019 por preto de 7 millóns de euros.

A representación sindical trasladou que se están a producir graves incumprimentos do prego concesional. Entre eles salienta o feito de que non se están a executar as horas mínimas de servizo. “Estanse facendo 300 horas semanais menos das contratadas. O que supón un 15% menos das 1914 horas recollidas no prego o que equivaldría a 9 postos de traballo a xornada completa”, denunciou Igrexas.

“Permitir que unha empresa preste menos servizo que o que ten contratado e polo que percibe diñeiro público é tanto como consentir que se lle roube á cidade”, reprochou o portavoz municipal nacionalista.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00