Sociedad
DEPORTE E OCIO

Presentación da primeira fase do parque acuático no Pereiro de Aguiar

Manuel Baltar subliña ´´ a pegada económica, turística e social´´ que suporá o parque acuático do complexo deportivo de Monterrey

Preentación da Primera fase do parque acuático de Monterrey / Deputación Provincial de Ourense

Ourense

A visita ao complexio de Monterrey coincide coa licitación das obras de construción da primeira fase do parque acuático, cun orzamento de preto de 5 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades (2021-2022) e unha duración estimada de 10 meses. Esta primeira fase inclúe un novo aparcamento, un edificio de acceso, zona de administración e oficinas, e vestuarios, así como una área de xogos acuáticos infantís. Xunto coas zonas de lecer  e as novas instalacións de saneamento e abastacemento, tamén se reformará a zona das piscinas, aproveitando os vasos existentes e incorporando novas funcionalidades e tobogáns. Logo da posta en marcha desta primeira fase, que estará lista no verán de 2022, chegará as seguintes partes do proxecto, coa creación dun río lento que estará rematado no verán de 2023, e a continuación a terceira e cuarta fases correspondentes ás zonas de adrenalina e multiaventura, que estarán finalizadas no verán de 2024.

10 millóns de euros:

A reforma do complexo deportivo de Monterrei conta cunha zona deportiva e unha acuática como dúas partes diferenciadas e independientes. O orzamento total é de preto de 10 millóns de euros, confinados ao 50% entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense. As novas instalacións permitirán ampliar a actual oferta deportiva e, sobre todo, acadar a súa desestacionalización dando servizo os 365 días do ano.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00