Gómez Reino pide ao Porto que reconsidere a súa decisión sobre impedir a entrada do Open Arms en Vigo
Gómez Reino: "Este episodio dificultará á oenegué poñer rumbo canto antes cara ao Mediterráneo, onde salva cada ano miles de persoas que fuxen dos conflictos bélicos e da pobreza"
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/V43DPOTUEJMQ3DSANJI6DQL3AY.jpg?auth=a0e5abbbce8cb89702ec61f3ee045a0ee8683016c1930eb5e13d83db7b43700e&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
O deputado Antón Gómez Reino / Galicia en Común
![O deputado Antón Gómez Reino](https://cadenaser.com/resizer/v2/V43DPOTUEJMQ3DSANJI6DQL3AY.jpg?auth=a0e5abbbce8cb89702ec61f3ee045a0ee8683016c1930eb5e13d83db7b43700e)
Vigo
O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, remitiu este venres unha carta á Autoridade Portuaria de Vigo dirixida ao presidente Jesús Vázquez Almuiña, para pedirlle que reconsidere a súa decisión sobre impedir a entrada do buque Sanco Sea da oenegué Open Arms na antiga Vulcano para realizar labores de reparación.
A embarcación urxía unha reforma para continuar poñer rumbo ao Mediterráneo, contaba ademais co beneplácito da Capitanía Marítima de Vigo e o cadro de persoal xa acondicionara as instalacións para abordar as reformas pertinentes. Sen embargo, no último momento, a Autoridade Portuaria dispuxo que o Sanco Sea non podía entrar en Estaleiros San Enrique e foi desviado cara Bouzas.
“A situación precedente de Open Arms xa era complicada, pois o seu buque está bloqueado en Sicilia e requiría de maneira inmediata tarefas de mantemento nesta embarcación para poder navegar. Este episodio dificultará á organización poñer rumbo canto antes cara ao Mediterráneo, onde salva cada ano a vida de miles de persoas que tentan chegar a Europa fuxindo dos conflitos bélicos e a pobreza”, sinala Gómez Reino na misiva.
“Cabe sinalar que este proxecto sería recibido de maneira moi positiva para os estaleiros e unha boa oportunidade para fomentar a construción naval no porto, en horas baixas desde a partida do Fénix Vigo. Quero mostrarlle a miña absoluta preocupación sobre estes feitos sobrevindos, unha decisión que espero que reconsidere para favorecer os indispensables cometidos do Open Arms e para impulsar a actividade naval e o emprego na antiga Vulcano.”