Sociedad
Universidad

O vindeiro curso será presencial no Campus de Ourense

A excepción será para aquelas materias nas que os espazos non o permitan e dependerá da evolución sanitaria

O Consello de Goberno abordou as medidas para o próximo curso / UVigo

A modalidade complementamente presencial volve ao Campus de Ourense. A Universidade de Vigo retomará así a actividade docente no inicio do vindeiro curso 21/22 en modalidade totalmente presencial, excepto naquelas titulacións, cursos ou materias nas que a capacidade dos espazos non a permitan, ou cando as condicións sanitarias por mor da pandemia, non a fagan posible.

A aplicación desta denominada “normalidade adaptada”, foi aprobada este venres na sesión de Consello de Goberno, na que se abordaron as medidas sobre o inicio do próximo curso académico, no que a modalidade mixta ou non presencial quedaría, reservada para situacións puntuais e localizadas de curta duración, derivadas de restricións locais ou por gromos nalgunha dependencia universitaria..

O reitor comezou a sesión ordinaria co seu informe manifestando a súa expectativa en que antes de setembro se produza un acordo entre as universidades galegas e as consellerías de Educación e Facenda sobre o vindeiro Plan de Financiamento Universitario. “Hai unha proposta das universidades e outra das consellerías e aínda que están relativamente lonxe, esperamos que haxa acordo antes de setembro”, dixo o reitor, que tamén manifestou o seu desexo de que se acade o máximo consenso en relación co mapa de titulacións, sobre todo despois que se chegase a un acordo sobre os criterios.

Por outra banda, Reigosa avanzou a próxima apertura ao público do edificio Redeiras do Berbés, que xa a partir do mes de setembro acollerá varios servizos que agora se prestan no campus de As Lagoas Marcosende.

Doutra banda, o Consello de Goberno aprobou por asentimento as contas anuais correspondentes ao ano 2020, que a vindeira semana deberán ser ratificadas polo Consello Social, como paso previo a súa remisión á Xunta de Galicia antes do 30 de xuño.

En comparación coas contas do 2019, o vicerreitor de Economía destaca a mellora “substancial” do resultado orzamentario axustado grazas a ingresos non esperados da Xunta de Galicia para investimentos relacionados coa dixitalización da docencia.

Tamén se deu luz verde á transformación do profesorado axudante doutor que remata contrato en profesorado contratado doutor interino, un trámite que se fai todos os anos e que se articula mediante unha convocatoria.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00