Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Playas

Os veciños de Teis exixen que se mellore a praia da punta e o seu entorno

A Asociación denuncia o incumprimento do " acordo histórico " entre Costas e o Concello de Vigo de 2019

Playa da Punta / AA.VV Teis

Playa da Punta

Vigo

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse con sendos escritos a comezos deste mes de xuño ,ao Alcalde de Vigo e a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, para esixir a ambas administracións unha actuación para mellorar a praia de Punta e o seu entorno.

A praia de A Punta, é o areal máis importante con que conta o barrio de Teis. Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que é un dos lugares de lecer máis importantes da cidade nos meses de verán, independente da súa falta de mantemento e de dotacións.

A praia de A Punta, presenta. según aseguran nun comunicado, varias deficiencias xa denunciadas pola Asociación diante das diferentes administracións, a rampla de acceso esta afundida, o mal estado da torre de vixilancia, o paseo marítimo esta sen firme en moitos tramos, etc.

Este areal ten, según a asociación, un problema de espazo, pois queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza téñase que colocar no entorno.

Desde esta Asociación, propoñen que para gañar espazo, se acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público. Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación.

Ademais, poderíase, según asegura, acondicionar o peirao lindeiro coa praia. Este peirao xa o utiliza a veciñanza, aínda estando no estado actual. Esta proposta trasladouse ao servizo provincial de Costas de Pontevedra, hai mais de dous anos.

Entende que tamén é necesario acondicionar ou desmontar a torre de vixilancia existente, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, pois xa houbo algúns desprendementos de pezas metálicas.

Esta Asociación é favorábel a construír o espigón que permita recuperar area na praia de A Punta, pero coa realización previa de estudos técnicos que avalen esta proposta. "Non estamos dispostos a unha nova barbaridade como a decisión de depositar areal en agosto de 2010, que foi un absoluto fracaso e dilapidar diñeiro público".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir