Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Alimentos congelados

"O mesmo mar fai cada día unha distina praia"

É a frase da poeta galega Yolanda Castaño que durante 2021 ilustrará o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar

Yolanda Castaño, junto a José Enrique Pereira / Grupo Pereira

Yolanda Castaño, junto a José Enrique Pereira

Vigo

“O mesmo mar fai cada día unha distinta praia” é a frase elixida este ano para ilustrar o valo que Pereira Productos del Mar ten nas súas instalacións da Avenida de Beiramar. A poeta e filla de mariño mercante, Yolanda Castaño, é a autora desta mensaxe. Pereira seleccionou tres frases da escritora relacionadas co mar e convocou un concurso nas súas redes sociais para que os seguidores elixisen a que máis lles gustaba. “Faremos coma o calamar: sacaremos moitos brazos e, en tempos escuros, haberemos brillar” e “Escritoras e calamares, susténtanse na pluma e empregan a tinta con talento” foron as outras dúas frases que competiron coa gañadora.

“Esta fermosísima frase vai ser a protagonista do noso valo durante o vindeiro ano. Estábamos desexando presentar o novo deseño nun ano no que esperamos recuperar a tan ansiada normalidade. Con esta iniciativa, que levamos realizando dende case unha década, queremos por en valor a importancia da literatura galega, tan nosa e tan importante no desenvolvemento da nosa cultura e da nosa sociedade. Queremos agradecer a Yolanda Castaño que quixera sumarse a familia de escritores galegos que durante os últimos anos participaron no noso valo como é o caso de Ledicia Costas e Domingo Villar”, apunta Ruy Andrade, Director de Comunicación de Pereira Productos del Mar.

O valo de Pereira cumpre 10 anos cunha temática que sempre relaciona a cidade de Vigo co mar, a pesca e os seus produtos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir