Zulema González seguirá por cuarto ano consecutivo nas prazas internacionais da arbitraxe
A proposta do Comité Técnico de Árbitros da RFEF á FIFA para ocupar as prazas internacionais no ano 2022 mantén por cuarto ano consecutivo a Zulema González González
Ourense
O Comité Técnico de Árbitos da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) publicou a composición da categoría de 1ª División Femenina para a campaña 2021-2022 sen novidades con respecto ó curso pasado.
As colexiadas galegas Zulema González González, Elena Casal Fernández, Beatriz Cuesta Arribas e Eugenia Gil Soriano, ademais das árbitras asistentes Tania Fente Pena, Lorena Novás Benavides e Iria Rosendo González repiten unha tempada máis na máxima categoría da arbitraxe feminina.
A árbitra Beatriz Torres Corral (Santiago) e a árbitra asistente Iris Romero Cancelas (Pontevedra) non puideron acadar o salto de categoría á 1ª División no Programa de Talentos e Mentores para o fútbol feminino.
Outras das boas novas é que a proposta do Comité de Árbitros da RFEF á FIFA para ocupar as prazas internacionais no ano 2022 mantén por cuarto ano consecutivo a Zulema González González.