Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Castrelo de Miño acolle a sexta proba do Campionato inclusivo de Motonáutica

O domingo día 3 a partir das 10.30, dez equipos participarán na competición

Acto de presentación da sexta proba do Campionato inclusivo de Motonáutica / Deputación de Ourense

Acto de presentación da sexta proba do Campionato inclusivo de Motonáutica

O encoro de Castrelo de Miño acollerá o domingo, día 3, a sexta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, organizado pola Real Federación galega desta disciplina.

O Campionato conta co patrocinio da asociación Fibralar e a colaboración da Deputación de Ourense, cuxo presidente, Manuel Baltar, participou  no acto de presentación desta proba acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente e o secretario da federación galega, José Prado e Marcos Casaleiro, e o vicepresidente e delegado para asuntos do Ribeiro, César Fernández.

Dez equipos, integrados cada un deles por un piloto e un mariñeiro, participarán desde as 10.30 horas da mañá nesta competición de regularidade, tipo xincana, na que deberán pasar diversas probas de habilidade e destreza.

O campionato, que consta de dez probas, ten como obxectivo achegar as persoas con discapacidade á práctica dos deportes náuticos.

Directo

  • Cadena SER

    Cadena SER

    Hora 25 Aimar Bretos

  • Cadena SER

    Cadena SER

    Carnaval de Cádiz: Gran Final, en directo Ignacio de la Varga

Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir