Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Traballadores da automoción percorren as rúas para reivindicar un futuro industrial para o sector

A CIG-Industria continúa coa compaña de mobilizacións en defensa do emprego e para rexeitar os ERTE

undefined

Vigo

Varios centos de traballadores e de delegados sindicais da CIG na automoción de Vigo, Pontevedra e Ourense percorreron hoxe as principais rúas viguesas en manifestación para reivindicar un futuro industrial para o sector e rexeitar os ERTE indiscriminados que manteñen a milleiros de operarios/as en situación de desemprego.

A marcha, que fai parte da campaña da CIG-Industria en defensa do sector galego do automóbil, desenvolveuse a partir das 10:00 horas entre a fábrica do grupo Stellantis (antiga PSA Citroën) e a delegación da Xunta na cidade. Á cabeza da manifestación despregouse unha faixa na que se podía ler “Por un futuro industrial para a automoción”, e polo medio da comitiva outra faixa denunciaba que os ERTE no sector supoñen “roubo e explotación” para a clase traballadora que os padece.

Durante o percorrido, que rematou diante do edificio da Xunta coa lectura dun manifesto, berráronse consignas como “Non aos ERTE na automoción”, “Sen industria non hai futuro”, “Emprego digno na automoción”, “Non, non, non á deslocalización” e “Feijóo, escoita, a automoción está en loita”.

O secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, foi o encargado da intervención final, que comezou denunciando que máis de 20.000 empregados do sector se atopan na actualidade no desemprego como consecuencia das paradas que está a facer Stellantis pola falta de semiconductores “dun día para outro, sen solución de continuidade e sen saber cando e como imos volver ao noso posto de traballo”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir