Sociedad
A Laracha

A Garda Civil busca a dous asaltantes en Caión

Catro individuos tentaron atracar o estanco da vila a primeira hora da mañá

Porto de Caión / La Opinión A Coruña

A Coruña

A Garda Civil mantén despregado un operativo no entrono de Caión, na Laracha, logo de que catro individuos tentaran asaltar o estanco da localidade. A Benemérita conseguiu deter a dous deles e prosigue na busca dos outros dous.

Os asaltantes chegaron a Caión ao redor das seis da mañá. Viaxaban nun Seat León de cor vermello sustraido onte en Arteixo. A presenza de veciños que comenzaban a súa actividade diaria non fixo cambiar de plans aos delincuentes. Un deles rachou a cristaleira do establecemento e procedía a facerse co botín cando foron sorprendidos pola Garda Civil. A súa fuga non foi moito máis aló da propia praza de Caión, onde o instituto armado procedeu á detención de dous deles. Os outros dous comenzaron unha fuxida que inda se prolonga nestes momentos. A Garda Civil mantén na zona a un helicóptero e diverso persoal que monta controis por terra.

A titular do estanco, Juan Maceiras, pasaba esta mañá polos micrófonos de Radio Nordés para denunciar a reiteración destes feitos. "Se lles accidentou o coche na praza e botaron a correr, pero aí colleron a dous deles. A min xa me atracaron tres veces desde que estou aqui. Agora rompéronme o escaparate e inda non hai un romperon outro".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00