Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Centros salud

A CIG denuncia a "situación extrema" na que se atopan os centros de saúde do Baixo Miño por falta de persoal

Dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e por estabilizar o emprego para atraer profesionais

Centro de Salud / Concello de A Guarda

Centro de Salud

Vigo

A CIG-Saúde de Vigo vén de denunciar publicamente a “situación extrema” na que se atopan os centros de saúde da comarca do Baixo Miño como consecuencia da falta de persoal. Dende a central sindical apostan por mellorar as condicións laborais e estabilizar o emprego para atraer profesionais, xa que dos 16 residentes que completaron a súa formación na zona este ano só tres continuaron o seu labor nela.

Como consecuencia desta situación, onte mesmo o centro de saúde do Rosal só contou cunha médica, situación que se vén repetindo no últimos mes en varias ocasións. “A situación é grave, xa que ten que asumir a asistencia dun concello de máis de 6000 persoas, que no verán ve aumentada a súa poboación”. Isto provoca que no caso de ter que asistir a algunha urxencia que requira ir acompañada ao hospital, a localidade quedaría sen persoal médico arredor de dúas horas debido á lonxanía do hospital.

Por iso na CIG consideran que a sobrecarga de traballo do persoal coloca o centro nunha situación insostíbel, “máis cando se sabe que non se trata dun problema puntual, senón que se vai repetir durante o verán”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir