A estrea do filme 'Donde acaba la memoria' servirá para abrir o Festival de Cans
A oferta do pack de lanzamento das primeiras entradas, cun 30% de desconto, dipoñible dende mañá na tenda en liña da web do Festival
Vigo
A estrea do filme 'Donde acaba la memoria' servirá para abrir a XVIII edición do Festival de Cans, que terá lugar do 1 ao 4 de Setembro. A película supón a estrea como director do cineasta vigués Pablo Romero-Fresco.
'Donde acaba la memoria' é un emocionante documental protagoinzado polo célebre historiador hispanista de orixe británica Ian Gibson. Na película, Pablo Romero-Fresco volve sobre a viaxe que Luis Buñeul realizou en 1933 a Las Hurdes (Cáceres), unha terra afastada e miserenta. Alí rodaría "Tiera sin pan". 85 anos despois, o hispanista e biógrafo Ian Gibson pecha o ciclo dunha viaxe emocionante, que comenza en Las Hurdes e remata sobre os restos de Lorca en Granada, pechando a viaxe dunha vida enteira.No documental interveñen cineastas como Carlos Saura ou o británico Mike Dibbs, e personalidades como Román Gubern.
Ian Gibson participará, en Cans, da estrea mundial da película, producida por Xavi Font, coproductor de "O que Arde", eq ue tamén compuxo a banda sonora xunto con Elba Fernández. A montaxe fíxoa Xacio Baño.
A estrea terá lugar no serán do 3 de setembro no novo emprazamento do Centro Cultural Municipal do Porriño. Será inmediatamente despois do remate da "Tarde Coira", adicada ao cineasta galego Jorge Coira e na que tamén vai ser estreada o filme documental 'Beiras, vivir dúas veces'. Na película, o tamén autor de éxitos coma a serie 'HIerro' ou a película '18 comidas' achégase ás vidas do histórico político galego.
Dende mañá xoves, 15 de xullo, o Festival de Cans porá á venda na súa tenda online, e cun desconto de máis do 30% sobre o prezo oficial, 200 abonos para asisitir ás proxecións das curtametraxes que participarán na sección oficial do certame. Serán 100 abonos para as sesións de mañá e outros 100 para as de tarde. Nos packs, que custan 21,50 euros, gastos de xestión incluídos, engádense ás entradas a camiseta, o catálogo do Festival e unha chapa de edición limitada. Poderanse mercar a partir das 10 horas de mañá xoves en https://tenda.festivaldecans.com/. O prezo dos produtos por separado, sen a promoción de lanzamento, é de de 28.50 euros.
Content not defined