Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
A Costa da Morte

Paso adiante para a construcción da nova depuradora de Cee

Ría de Cee-Corcubión / Google Maps

Ría de Cee-Corcubión

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por preto de 263.000 euros a redacción do proxecto da nova depuradora de Cee e Corcubión cun prazo de execución de 12 meses. O obxectivo do contrato é deseñar unhas novas instalacións de depuración que permitan xestionar, en tempo seco, unha poboación de 15.048 habitantes, e con chuvias as augas residuais procedentes do tanque de tormentas situado en Cee.

A construcción do tanque de tormentas irá en parte baixo terra, vaise facer todo soterrado agás unha caseta de 130 m2 que vais ser integrada na contorna, con zona verde, infalntil e rocódromos. Unha forma de limitar o seu impacto na paisaxe, segundo ten explicado a alcaldesa de Cee, Margot Lamela.

Na primeira fase está previsto renovar o colector das Laxes, construír un tanque de tormentas e executar un colector no bombeo das Monxas que leve ata a nova estrutura as augas residuais e posteriormente as leve á depuradora, cuxa execución se enmarca na segunda fase do plan. Para que Augas de Galicia poida avanzar nestas obras, o Concello de Cee debe aprobar o proxecto en Pleno municipal, poñer os terreos á disposición e asumir o compromiso de recepción e explotación das actuacións.

Parque de sembra

A alcaldesa confirmou esta mañá no Vivindo a Costa da Morte que o Concello vai presentar alegacións contra a instalación de eólicos na zona de Sembra. Un parque que promove Volantis Renobables con más dunha decena de aeroxeneradors. Este parque abarca máis concellos da contorna e está a ser tramitado a traves do Goberno do Estado polas súas dimensións.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir