Musica | Ocio y cultura
Festival Sinsal

Esgotadas as entradas para o Festival Sinsal

Sinsal SON Estrella Galicia celebra a partir do venres 23 de xullo unha edición 'Esencial' cun cartel secreto no que o 70% das bandas están lideradas por mulleres

Imagen de archivo del Festival Sinsal / Festival Sinsal

Imagen de archivo del Festival Sinsal

Vigo

A Illa de San Simón acolle, a partir do vindeiro venres 23, a nova edición do Sinsal SON Estrella Galicia. Un cartel secreto, unha viaxe en barco, tres xornadas de música ao vivo e unha programación que destaca pola pluralidade estilística de bandas e artistas é a carta de presentación da nova edición de Sinsal, nomeada Esencial, en referencia ás características máis salientables do festival: sostibilidade, natureza, experiencia, música en directo, vangarda e unha contorna natural e patrimonial espectacular, como é o arquipélago de San Simón e San Antón, nas Rías Baixas.

O cartel secreto de Sinsal Esencial, que se celebrará do 23 ao 25 de xullo, está conformado por un total de 14 bandas e artistas de Galicia, España, Portugal e EEUU. Del, destaca a alta porcentaxe de grupos liderados por mulleres ou con integrantes femininas na súa totalidade.

É o caso de 9 das bandas do cartel. Neste sentido, a programación de Sinsal SON Estrella Galicia segue a liña de anteriores edicións do festival, nas que a dirección de Sinsalaudio promove na súa programación a aposta e reivindicación do papel da muller na industria da música, tanto sobre o escenario coma nos seus equipos de traballo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00