Jueves, 05 de Agosto de 2021

Otras localidades

Redondela

O PSOE estudia a posibilidade de devolver as competencias de limpeza das praias a AER

Digna Rivas como a representación do PSdeG-PSOE de Redondela son tallantes en que a Alcaldesa non ía dimitir

Imagen de archivo de Digna Rivas

Imagen de archivo de Digna Rivas / Cadena Ser

Este pasado luns 19 de xullo reuniuse unha representación do PSdeG-PSOE de Redondela con unha representación da Agrupación de Electores de Redondela (AER) para tratar a situación do goberno local despois de que o pasado venres a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, retirara de xeito unilateral as competencias da limpeza das praias ao concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, de AER.

A reunión foi tensa e longa. Despois de case tres horas de conversas non se avanzou demasiado, toda vez que Digna Rivas négase a dimitir e toda vez que a representación da executiva local socialista non só apoiou sen fisuras á Alcaldesa, senón que recoñeceron que a apoian na decisión de retirar as competencias a AER na limpeza de praias “porque era un clamor popular que había que retirar as algas”.

Despois de case tres horas de reunión, ningunha das partes se moveu da súa postura inicial: AER mantén a necesidade de dimisión de Digna Rivas e o PSOE nega esa posibilidade. A última hora, o PSdeG-PSOE ofreceu debater na súa reunión da Executiva (que podería celebrarse este venres) a posibilidade de devolver as competencias de limpeza das praias a AER, e solicitaron á Agrupación de Electores agardar ata ese momento. A representación de AER na xuntanza comprometeuse a esperar ata esa data, pero non garante que unha decisión favorable sexa suficiente para repoñer a confianza no grupo socialista, nestes momentos estragada, nin, por suposto, para retirar a solicitude de dimisión da alcaldesa, Digna Rivas.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?