Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
Amenazas

Responde cun bate de béisbol ás ameazas dun "aparcacoches" no HULA

Os feitos, segundo recolle a Policía Local, desencadenáronse cando o propietario do vehículo se negou a pagar ao gorrilla

Inmediacións do HULA / AEP

Inmediacións do HULA

Lugo

Segundo informa a Policía Local de Lugo, na mañá do pasado martes día 3 de agosto, un veciño solicitou a intervención da patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio ao verse " ameazado por un aparcacoches". Os xa coñecidos popularmente coma  gorrillas do HULA piden cartos a cambio de atopar un sitio de aparcamento para os usuarios que acuden ao complexo hospitalario Lucus Augusti.

Deste volta, o condutor "manifesta que, despois de estacionar e negarse a dar diñeiro, a persoa que llo pedía ameazouno con causarlle cuantiosos danos ao seu vehículo se non o facía".

O aparcacoches en cuestión, "que foi localizado nas proximidades polos axentes", declarou que o condutor "lle ameazou cun bate de béisbol". E malia o intercambio de despropósitos,  ningunha das partes quixeron presentar ningún tipo de denuncia polo sucedido.

Porén, "tanto ese aparcacoches como outro máis, que se atopaba nas inmediacións, foron denunciados por exercer a devandita actividade", asegura a Policía Local. Ambos foron denunciados por "infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por desobediencia a axentes da autoridade, xa que, despois de ser advertidos, continuaban exercendo a mesma actividade", resolven.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir