Sociedad
Turismo naturaleza

920.000 euros para a construción das Caldas do Miño

O proxecto dotará a Lugo duns baños públicos con auga quente facendo unha chiscadela ás termas

A alcaldesa, Lara Méndez, e o edil, de medio ambiente, Miguel Fernández, durante a presentación do proxecto / Concello de Lugo

Lugo

As Caldas do Miño, un paso máis preto. Co visto e prace da  Xunta de Goberno Local á adxudicación das obras de construción das Caldas do Miño, destinaránse un total de 919.587 euros para a posta en marcha dun "gran revulsivo turístico, xa que moi preto pasa o Camiño Primitivo e pode ser unha etapa de parada e de descanso para os peregrinos que escollen este itinerario xacobeo", putualizaba a alcaldesa lucense, Lara Méndez. 

Segundo a rexedora, as Caldas do Miño suporán "un novo equipamento de uso público e gratuíto que permitirá, non só impulsar as actividades a desenvolver na contorna fluvial, senón que a cidade gañe un novo recurso cultural, de recreo e turístico".

A nova infraestrutura poderá ser empregada por toda a cidadanía, incluídas as persoas con diversidade funcional ou dificultades de mobilidade, xa que dispón de itinerarios accesibles e un dos vasos está adaptado cunha rampla de acceso.

As obras, que levarán a cabo a UTE formada polas empresas Luis Villamide SL, Luclimat SL, e Instalaciones Deportivas Norte SL, terán un prazo de execución máximo de doce meses. As caldas son un proxecto enmarcado na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% pola Unión Europea, a través dos fondos FEDER.

Características das Caldas

O proxecto dotará a Lugo duns baños públicos con auga quente facendo unha chiscadela ás termas e, aínda que non teñen un fin sociosanitario por non tratarse de augas mineromedicinais, se non que proveñen da traída, "acondicionaranse termicamente para o seu goce".

O equipamento situarase nunha extensión de case 400 m² dentro dunha parcela de 84.000 m² situada ao carón do Pazo de Feiras, na Avenida Fábrica da Luz, e a altura do Club Fluvial.

Segundo o goberno local, as instalacións foron proxectadas seguindo os máximos parámetros de eficiencia enerxética, estarán compostas por 4 piscinas de auga quente,  dotadas dunha manta térmica removible que as protexerá fronte á intemperie para evitar perdas enerxéticas e previr caídas durante o horario de peche, e dous pediluvios de auga fría, sumando unha superficie aproximada de lámina de auga de 150 metros cadrados.

Cada unha das pozas, con aforo para 50 persoas en uso simultáneo, terá unha forma e dimensión diferentes e o recinto contará cun edificio dunha planta e con cuberta axardinada para albergar un atrio, vestiarios, aseos e os equipos de aerotermia.

O Concello escolleu esta tecnoloxía para as instalacións "por tratarse da opción máis rendible dende o punto de vista da eficiencia enerxética reducindo a mínimos a pegada de carbono que se xeraría cunha instalación que non estivese á altura dun proxecto innovador e de primeiro nivel que require unha cidade como Lugo".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00