A concelleira de Vías e Obras visita as actuacións no Polígono de A Granxa
Lourdes Moure tamén comprobou o desenvolvemento dos traballos para levantar un muro de contención de 47 metros de perímetro no lugar de Carreira, en Cans

A concelleira visitando as obras / Concello de O Porriño

Vigo
Lourdes Moure, concelleira de Vías e Obras, inspeccionou este mediodía a execución de diversos traballos de arranxo de beirarrúas no Polígono Industrial de A Granxa que está a realizar o departamento que dirixe con medios propios e persoal contratado coa colaboración do Plan Concellos da Deputación.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarOs traballos de arranxo desenvólvense en dous tramos da Avenida Principal do Polígono atendendo ao compromiso acadado pola concelleira Moure Varela coa asociación empresarial "Entidade Urbanística de Conservación A Granxa". Despois de levantar as beirarrúas en mal estado, aplícase unha capa de formigón co resultado que se pode apreciar en algunha das imaxes.
Por outra banda, a concelleira de Vías e Obras tamén comprobou o desenvolvemento dos traballos para levantar un muro de contención de 47 metros de perímetro no lugar de Carreira, en Cans que se está a executar polo seu departamento. "Trátase de resolver o perigo que existía para o acceso ás vivendas pola caída dunha parede, atendendo a unha petición da veciñanza" manifestou Lourdes Moure.




