Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad
A Coruña

Esta fin de semana chega á Coruña unha nova edición do Festival Internacional de Folclore

O evento organizado pola Asociación de Coros e Danzas Eidos contará coa participación de agrupacións de diferentes procedencias, como Senegal e Portugal

Festival Internacional de Folcore / CIOFF

Festival Internacional de Folcore

A Coruña

Esta fin de semana chega á Coruña unha nova edición do Festival Internacional de Folclore. O evento organizado pola Asociación de Coros e Danzas Eidos contará coa participación de agrupacións de diferentes procedencias, como Senegal e Portugal.

A cita permitirá aos cidadáns coñecer tradicións de países afastados e tamén doutras zonas da península ibérica. O ciclo comezará este venres ás dez da noite no Parque Europa co grupo folclórico portugués Lavradeiras de Meadela, a Asociación de Coros e Danzas Dona Pega rabilonga de Zamora, o Ballet Folclórico Jammu de Senegal e o colectivo anfitrión. Este festival multicultural terminará o domingo cunha posta en escena na que participarán todas as agrupacións ás oito da tarde.

Os cidadáns poderán acceder ao recinto de forma gratuíta e sen reservar invitación previamente. Así, as persoas interesadas poderán inscribirse in situ ou levar o formulario cuberto de casa que está na web do concello.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir