Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Música
Nigrán

O "Fulgor" do gaiteiro Budiño chega este sábado ao festival Chandefolk

O festival, organizado polo Concello de Nigrán xunto coa Comunidade de Montes, Asociación de Festas e Veciños da parroquia, festexa a súa cuarta edición mantendo a súa gratuidade

Presentación do concerto / Concello de Nigrán

Presentación do concerto

Vigo

O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk ao emblemático gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que ofrecerá este sábado 21 de agosto ás 22:00 horas no merendeiro de Chans de Rapadouro de Chandebrito (xunto ao campo de futbol) un concerto no que cobrará especial protagonismo o seu derradeiro disco 'Fulgor', pero tamén repasará o seu primeiro traballo Paralaia, gravado no 1997. O espectáculo, co que colabora a Asociación de Veciños, Comisión de Festas e Comunidade de Montes da parroquia, forma parte do programa Musigal da Deputación de Pontevedra de promoción e difusión de música galega e conta tamén co apoio económico da Deputación de Pontevedra.

A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias, ademais das medidas dirixidas a cumplir co protocolo Covid-19 (excepcionalmente e por este motivo, non se realizará a clásica observación das perseidas posterior). As mochilas vibratorias do Concello estarán a disposición de toda aquela persoa xorda que as solicite a través do mail info@entresignos.com ou no WhatsApp 690679675 (precisamente, estas mochilas foron estreadas no Chandefolk 2019 con Roi Casal).

"O ano pasado recibimos a Milladoiro e este ano ao grandísimo Budiño, ambos historia viva da nosa música, sen dúbida Chandefolk é xa un referente do folk en toda Galicia", sinala o alcalde, Juan González, quen destaca o "máxica e íntima" que resulta a ubicación en Chandebrito, "a simbiose é perfecta".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir