Actualidad
Los Secretos

Vitrasa pon en marcha un servizo de lanzadeira para o concerto de Los Secretos

Por mor das medidas de restrición de aforos, os billetes deberán adquirirse con antelación na plataforma de venta online Woutick!

Autobús de Vitrasa / Televigo

Vigo

Vitrasa pon a disposición dos usuarios un servizo especial de lanzadeira con venta anticipada de billete con motivo do concerto do grupo Los Secretos, que actuarán en Castrelos o venres.

Por mor das restricións de aforos decretadas pola Xunta de Galicia no transporte urbano (100% de prazas sentadas e 1 de cada 3 prazas de pé) o acceso á lanzadeira só se poderá realizar a través da adquisición anticipada de billete na aplicación de venta online Woutick!. O prezo do billete será o correspondente á tarifa habitual de transporte público. Aqueles usuarios que dispoñan de tarxeta PassVigo poderán introducir o seu número de tarxeta para beneficiarse da tarifa bonificada no momento da compra.

A lanzadeira estará dispoñible á finalización do concerto e terá o seguinte itinerario: Castrelos, Camelias, Venezuela, Urzáiz, García Barbón, Sanjurjo Badía, Travesía de Vigo, Pizarro, Plaza de España e Gran Vía e para acceder a ela, será imprescindible contar con billete anticipado impreso ou no teléfono móbil. Vitrasa recorda aos usuarios que para acudir ao inicio do concerto, dispoñen da rede habitual de transporte público.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00